Alfoz, 14 de maio de 2015.- Durante estes días os membros de Veciños Independentes de Alfoz estamos compartindo con todos os veciños e veciñas de Alfoz o noso programa electoral.
O programa Electoral de VIA está estruturado en cinco bloques de propostas referidas ás diferentes áreas de traballo do concello:
– Réxime Interior e Servizos.
– Sanidade, Servizos Sociais, Igualdade, Benestar e Vivenda.
– Ordenación do Territorio, Medio Ambiente e Medio Rural.
– Traballo, Comercio, Industria e Turismo.
– Educación, Xuventude, Cultura e Deporte.
As propostas programáticas de Veciños independentes de Alfoz van encamiñadas a asentar poboación e frear o descenso demográfico do concello, explotando os nosos recursos do concello e convencidos de que Alfoz ten futuro. Desde VIA tamén se considera que as administracións deben traballar para os veciños e non para os partidos que as representan xa que, como apunta Xabier Pardiñas, “non on importa quen o fai senón o que se fai”.
Coa intención de expoñerlle ó electorado as nosas propostas para Alfoz o vindeiro sábado 16 de maio ás 21:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz celebraremos o noso primeiro mitin. Neste acto público, aparte da intervención de Xabier Pardiñas, candidato á alcaldía, daráselle a palabra a veciños e veciñas que igual ca nós cren que Alfoz ten futuro, pois en VIA cremos que os veciños e veciñas son os protagonistas do futuro de Alfoz.
Celebración do Día das Letras Galegas
O vindeiro domingo 17 de maio nas inmediacións do Castelo de castro de Ouro, Veciños Independendentes de Alfoz fará unha homenaxe a tódolos nenos e nenas con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Neste acto haberá xogos, contacontos e actividades para todos os nenos e nenas asistentes. Tamén teremos unha chocolatada para poñer un sabor doce a este día tan sinalado.



















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



