Santiago, 29 de xuño de 2015.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, licita por preto de 430.000 euros as obras de ampliación do IES Perdouro, en Burela, cuxas obras está previsto que comecen este mesmo verán. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de licitación, (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioG0164-220615-0004_gl.html), cun prazo de execución de catro meses, polo que está previsto que os traballos rematen a finais de ano.
Esta actuación -cofinanciada con fondos FEDER- enmárcase no Plan de renovación e mellora de infraestruturas e equipamentos da Consellería de Cultura e Educación para toda Galicia, que suporá un investimento de preto de 18,4 millóns de euros.
No caso concreto do IES Perdouro, o obxectivo da obra é dar resposta á demanda de novos espazos que presenta o centro a raíz da implantación da Formación Profesional Básica. En concreto está previsto crear un novo taller da familia profesional de Fabricación Mecánica no espazo antes destinado a aulas de electrónica e tecnoloxía, así como construír un novo volume de planta baixa, onde se situarán outras dúas aulas taller de tecnoloxía e de electrónica, así como aseos adaptados. En total a superficie construída será de 344 metros cadrados.
Desta forma o investimento supón unha clara aposta do Goberno galego pola consolidación da FP Básica como unha oportunidade para que os máis novos permanezan no sistema educativo, e tamén para dotar os centros educativos de instalacións axeitadas para unha ensinanza de calidade.








Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



