Lugo, 29 de febreiro de 2016.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, mantiveron este luns unha xuntanza coas directoras dos Centros de Información á Muller (CIM) existentes na provincia e cos respectivos responsables municipais para presentarlles as bases do borrador do novo decreto que regula o funcionamento destes centros, co fin de acadar o consenso da aprobación do decreto entre todas as partes involucradas.
López Abella informoulles polo miúdo do proxecto de decreto que establece os requisitos e os procedementos para o recoñecemento, modificación e extinción dos Centros de Información á Muller. Segundo explicou a secretaria xeral, no ano 2004 publicouse no DOG o decreto 182/2004, que regula os centros de información ás mulleres e establece os requisitos para o seu recoñecemento e funcionamento, polo que transcorridos máis de 10 anos de vixencia do dito decreto, precisa revisarse e actualizarse para dar cabida ás demandas e adaptarse á situación actual da sociedade, co obxecto de dar continuidade e mellorar o servizo que prestan os CIM.
Entre outras cousas, o borrador propón establecer como prioritaria a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero e a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Ademais, regulase que entre as funcións que poderán desenvolver estos centros inclúense actividades de información e atención ao colectivo LGTBI (Lesbianas, Gais, Bisexuais, Transexuais e Intersexuais).
Na actualidade, na provincia de Lugo hai 11 CIM que se emprazan nos concellos de Burela, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro; e benefician a un total de 36 concellos.






















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



