Sábado 12 de marzo, ás 16.00 horas. Xa está marcado en todas as axendas da afección laranxa e dos amantes do fútbol sala galego. Por segundo ano consecutivo repite a súa fazaña de participación copeira con presenza en semifinais o CD Burela FS Pescados Rubén. O xigante Movistar Inter, que se impuxo 8-0 a Palma Futsal, será o seu rival en semifinais de Guadalajara 2016 con brillo laranxa nas bancadas malia os máis de 600 quilómetros de distancia; o máis de medio cento de seareiros deste xoves duplicarase este sábado coa emisión en directo de Teledeporte.
Logo de felicitar o seu equipo e berrar aos catro ventos sentirse orgulloso do gran traballo do grupo burelista non só en Copa senón durante toda a tempada, Daniel Ibañes cualificaba o partido deste xoves como un premio. “Somos o invitado á festa que ninguén quere, somos un rival incómodo, inesperado; clasificámonos para a Copa a falta de 30 segundos e poucos contaban connosco en semifinais. É outro premio para todos; todos os xogadores quererán estar o sábado para seguir gozando” explicaba o técnico.
Outro gran reto preséntase para os mariñáns na tarde de mañá, pero os laranxas cren en si mesmos e non se amilanan ante nada. O cocapitán Iago Míguez, artífice dun gol practicamente máxico ante Santa Coloma, non ve nada imposible: “Sabemos quen somos; non é un rival de nosa liga pero xa demostramos o ano pasado en Cidade Real que non son invencibles”.
A ilusión da Mariña, a ilusión galega, estará depositada en 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 19. Aarón, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato, 28. Rubén, 30. Hélder. A contractura na coxa que xa lle impediu xogar onte, volverá ser un obstáculo mañá para Jorge Bellvert. Isi chegará con certas molestias no xeonllo que mancou en Xaén.
O soño continúa. Por que non?
Seguimento por partida dobre desde Vista Alegre. Todos aqueles afeccionados que non poidan desprazarse ata Guadalaxara poderán gozar da festa copeira con Teledeporte en Vista Alegre. O mausoleo laranxa albergará media hora máis tarde que en Guadalaxara -18.30- a vixésimo xornada de Primeira RFEF entre Burela FS Pescados Rubén e Majadahonda Afar4 FSF, con entrada gratuíta. Invitámosvos a todos a gozar do espectáculo laranxa por partida dobre en Vista Alegre.
Venres 11 de marzo
19.00 horas: ElPozo Murcia-Aspil Vidal Ribera Navarra
21.15 horas: FC Barcelona-Magna Gurpea
Sábado 12 de marzo
18.00 horas: Semifinal Vencedores do xoves
20.15 horas: Semifinal Vencedores do venres
Domingo 13 de marzo
20.15 horas: Final
























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
