Ribadeo, 21 de abril de 2016.- O alcalde, Fernando Suárez, lamenta a negativa da Axencia Tributaria, que neste 2016 non fará as declaracións da renda aos contribuíntes ribadenses no Concello, a diferenza do que ocorreu nos últimos once anos. Suárez Barcia subliñou que o Concello loitou todo o posible para ofrecer este servizo á veciñanza, pero a Axencia Tributaria negouse. E asegurou que son arredor de 400 persoas, a maioría maiores, as que se verán afectadas por esta medida da que culpa ao goberno en funcións do Estado.
O rexedor explicou que “lamentablemente temos que trasladar á opinión pública e á sociedade de Ribadeo a imposibilidade, por máis que se intentou ata o último momento, para que Ribadeo puidera, como estes últimos anos, facer a declaración da renda aquí no Concello. Un servizo do que se beneficiaban todos os veciños e veciñas que así o desexaran”.
Suárez Barcia indicou que “desgraciadamente a Axencia Tributaria, dependente do Ministerio de Facenda, négase este ano despois de 11 anos de colaboración estreita, asumindo o Concello de Ribadeo os gastos de traslado e todo o que nos requiriu sempre a Axencia Tributaria para que un funcionario deles puidera vir aquí ás dependencias municipais facer as declaracións da xente, este ano négase argumentando que os de Ribadeo poden ir a Foz, xa que non teñen ningún problema para ir alí”.
Para o alcalde ribadense “xa se ve como fan estes señores do goberno do Estado, como fan o contrario do que predican, e en lugar de achegar a administración aos cidadáns, como é o que se debe facer, alónxana e neste caso é algo palmario. A ver como lle explican ás máis de 400 persoas que usaban este servizo, e ao que fundamentalmente acudía xente maior”.
Fernando Suárez dixo: “este goberno do Estado, que está en funcións e para estar en funcións segue a amolar ben aos veciños de todo o Estado, pero especialmente aos de Ribadeo por caprichos coma este”.
O rexedor lembrou que “once anos levaba en funcionamento este servizo e pasou por diferentes gobernos do Estado, once anos nos que o Concello asinou convenios de colaboración con eles, pagou os gastos de desprazamento dos profesionais para que @s funcionari@s do Ministerio puideran vir aquí a axudar a facer as declaracións da renda”.
Para Suárez Barcia “non ten sentido mais que ganas de amolar, por dicilo dalgunha maneira que non soe mal, son ganas de facerlles unha faena aos veciños e ás veciñas de Ribadeo. E non hai xustificación posible porque levaban once anos prestando este servizo”. E engadiu que “por máis que o intentei cos responsables da Axencia Tributaria, co subdelegado do Goberno en Lugo, e con todo canto medio puidemos ter ao noso alcance foi imposible. Así que polo menos a veciñanza saiba que o Concello de Ribadeo fixo canto puido, pero que a incuria absoluta dos responsables do Estado, do Goberno e do Ministerio de Facenda fan imposible que a declaración da renda se poida facer este ano no Concello, tal e como se veu facendo nos últimos once”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



