Do 2 ao 15 de agosto vai permanecer exposta no CENIMA de Foz unha colección de 35 debuxos, do artista plástico Juanel; obra que conecta fielmente coa memoria histórica do pobo focego que, como é sabido, tivo no mar a razón das súas orixes, e nel a plataforma do nos seus moradores a forma de ser e o talante que sempre os distinguíu pola singularidade da súa actitude ante a vida. Hai moitos anos, no libro “Foz: o mar e as xentes”, escribimos: “Foz é mar. A tradición mariñeira da vila amósase en tódalas manifestacións: o talante das xentes, o carácter paroleiro e amablemente acolledor; a súa fértil imaxinación e simpatía, definen a idiosincrasia dunhas persoas afeitas a esculcar lonxanos hourizontes, e a vivir no seu contorno a aventura diaria determinada pola fraxilidade do home ante a inmensa forza de Natura; desafío que en demasiadas ocasións conduce á traxedia, risco que dende afastados tempos pendura, cal espada de Damocles, sobre a cabeza dos mariñeiros focegos nese traga-homes que ó longo da historia leva sido a malfadada barra que tinguiu de mouro tantos fogares da nosa beiramar.
Juanel é un artista plástico, nado en Ribadeo; dende hai mais de 40 anos afincado en Foz; fondo coñecedor da súa xeografía física e humana que tanto leva escrutado;extrovertido, dinámico e moi popular, condición que se veu favorecida polo desempeño profesional de carteiro. O dominio da xeografía física revélano os atractivos debuxos dos tradicionais rincóns mariños que antano proporcionaban expresivo tipismo ó hábitat das xentes do mar: “Antigo porto”, “ Na rula”,”Lanchas na ribeira”,”Tupide”,”A vella Avda. de Telégrafos”…
Pola súa banda a galería de persoeiros, tan carismáticos, cos rasgos definitorios de personalidades forxadas ó vai-ven das lanchas sobre as ondas sempre axitadas das nosas costas, aos que o artista avezado é quen de sustraer toda expresividade logrando de cada un dos cuadros expostos à consideración do público unha auténtica obra de arte, como é habitual en Juanel.
Vellos mariñeiros, populares e lendarios, nutren esta galería de arquetipos do mar de Foz: “Bambolia”, “ Saturno”,”Ramón de Chao”,”Colás”, “Normando”,”Suso Castiñeira”, “Moncho Quintanero”,”Manolo da Cacarela”,”Tristán de Perico”,”O Pinche”,”Suso do Relampago”, Tanana”,”Papillo”, “O Nieto”, “Papá Chao”,”O Bochego”, “O vello Relámpago”, “Chila o Vello”.. Un artístico catálogo do entrañable e tradicional mundo do mar de Foz para o recordo e a nostalxia.


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



