Foz, 28 de xullo de 2016. O Centro Comercial Aberto de Foz organiza o I Concurso de Fotografía Mi Verano en Foz’16. Repartiranse 600 euros en premios e haberá agasallos sorpresa cada semana de agosto.
Dende a directiva de ACIA/CCA explican que “para participar lo que tienen que hacer los interesados en subir a la web del concurso todas las fotos que quieran sobre cómo están pasando el verano en Foz.
Cada jueves de agosto sortearemos un vale de compra por importe de 100 euros, entre todas las fotos recibidas. Y además la foto más votada por el público, es decir la que reúna más me gustas recibirá un vale de compra de 50 euros”. Os resultados dos sorteos daranse a coñecer a través dos medios de comunicación e tamén na web www.aciafozcca.com e na páxina facebook.com/aciafozcca
Engaden que “además habrá premios sorpresa de nuestros establecimientos del Centro Comercial Aberto cada semana. Todas aquellas personas interesadas en participar en este primer concurso y en conocer todas las novedades que se puedan producir deberán estar muy atentos a nuestro facebook”.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, destaca que “pasar el verano en Foz tiene premio en este 2016. Animamos a todos, a vecinos y visitantes, a hacerse las fotos de su verano en Foz y a enviarlas a la página del concurso Mi Verano en Foz’16. Además de quedarnos con un bonito recuerdo de nuestras vacaciones podemos llevarnos un interesante premio”.
O concurso foi presentado nas instalacións do Centro Comercial Aberto polo alcalde de Foz, Javier Castiñeira, e por José Carlos Paleo.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



