Lugo, 23 de maio de 2017. O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, informou este martes sobre taxas municipais ás eléctricas polo uso de dominio público. Fíxoo nunha xornada informativa no Pazo de San Marcos e na que participaron alcaldes e representantes municipais de máis de 50 Concellos. Na sesión, afondouse sobre a posibilidade de aplicar un canon municipal ás compañías enerxéticas que utilizan terreos públicos para a instalación tanto de canalizacións como de tendidos eléctricos. Na xornada, participou tamén un bufete de avogados experto nesta materia.
Fernández Queipo informou que “dende o departamento de Cooperación cos Concellos, buscamos poñer á disposición dos municipios da provincia de Lugo toda a información para poder iniciar se é posible os procesos e trámites necesarios para poder facer efectivo dito gravame”.
“Compre subliñar que o Tribunal Supremo avalou recentemente diversas sentenzas para a aplicación dun canon municipal ás compañías que usan o espazo público dos Concello. Por exemplo, o Supremos aceptou as taxas que o Concello de Arteixo propuxo cobrar a estas compañías, segundo os metros cadrados que utilicen tanto no subsolo con canalizacións, como no aire, con tendidos eléctricos”.
Ditas sentenzas emitidas polo Supremo avalan o cálculo das tarifas da taxa de acordo cun estudo técnico-económico onde se empregan como criterios para obter o seu valor a suma do valor catastral do solo rústico con construcións co valor das instalacións, e a base impoñíbel é resultado de multiplicar ese valor do inmóbel ao coeficiente de relación co mercado e a ocupación en metro cadrado que corresponde a cada metro lineal. Así, a cota a pagar sitúase entre 3.000 euros e 12.000 euros por metro lineal no caso das instalacións de transporte eléctrico, segundo o tipo de tensión –baixa, media ou alta- e no que atinxe ás de transporte de gas, oscila entre os 500 e os 4.000 euros.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



