Mondoñedo, 14 de xuño de 2017.- O Goberno local de Mondoñedo fixo balance esta mañá das actuacións promovidas polo executivo en materia de iluminación pública e eficiencia enerxética. Dende o Concello de Mondoñedo impulsaron un amplo abano de accións que perseguían un dobre obxectivo, por unha banda acadar un importante aforro enerxético para a administración local e, por outra banda, conseguir esta redución dos custes mellorando a prestación deste servizo público. En concreto, dende o executivo local precisan que primeiro se puxo en funcionamento un plan de mantemento preventivo e correctivo para garantir a seguridade dos cidadáns neste eido e, de seguido, impulsáronse accións que permitiron unha importante redución do gasto enerxético.
Dende o Goberno local establecen tres eixos de actuacións, que definen de especial necesidade dentro da xestión municipal. Ademais da posta en marcha dun plan co que se garante o cumprimento da normativa en materia de seguridade, dende o Goberno numeran cambios das lámpadas tanto no rural como no casco urbano e a redución dos tempos de espera de substitución dos focos no caso de avaría; ao que lle suman diversas actuacións en edificios municipais, entre elas, a instalación dun maior número de puntos de rede wifi.
Plan de garantía da seguridade cidadá
Dun xeito máis preciso explican que o Concello de Mondoñedo durante este primeiro ciclo do Goberno de Candia elaborou e puxo en funcionamento un plan de mantemento preventivo e correctivo, “de vital importancia”, consideran, para “asegurarnos que as instalacións eléctricas cumpren a normativa en materia de seguridade”. Neste eido, dende o executivo municipal aseguran que en outubro de 2015 a meirande parte dos cadros de alumeado público estaban sen diferencial ou non funcionaba e a día de hoxe están todos funcionando e as avarías reparadas”, circunstancia que, precisan dende o Goberno, “reduce o risco eléctrico para a poboación, evitando tamén o malgasto de enerxía por derivacións á terra”.
Aforro enerxético e mellora nas novas tecnoloxías
No que respecta a outras actuacións, o executivo local citou o cambio de alumeado á lámpadas tipo led en barrios como son o Coto da Recadieira, Pelourín, Maariz, Coruxeiros ou Sán Lázaro, entre outros. En concreto, informan de que esta actuación supuxo un aforro anual de 7.000 euros. De igual xeito, tamén se impulsou a reparación do alumeado do Campo dos Paxariños, que levaba anos sen funcionar.
Para o Goberno mindoniense tamén é de suma importancia dar unha resposta áxil aos veciños á hora de demandar a substitución de focos por avarías ou de revisar o alumeado público na localización onde é obxecto de demanda. “Intentamos reducir os tempos de agarda ao máximo. Estamos ante un servizo público de primeira necesidade, que queremos ofrecer coas mellores garantías posibles”, precisa a rexedora, Elena Candia.
O Concello de Mondoñedo tamén fixo un forte fincapé na mellora das novas tecnoloxías na cidade. Así, instalou rede wifi no edificio da Escola de Música e no salón de actos do auditorio municipal ao igual que no Centro Comarcal, edificio no que tamén reforzaron as liñas para adaptalo ás novas necesidades.
De igual modo, outros edificios de titularidade municipal tamén foron obxecto de actuacións como é a estación de autobuses onde se automatizou tanto o alumeado exterior como o interior; reparouse o cadro de control da caldeira da Escola de Música e do equipo de aire acondicionado do salón de actos do Auditorio, “que afora funciona en modo frío e modo calor, ademais de instalárense os carteis indicativos para facer máis fácil a súa posta en marcha”.
A estas accións de mellora súmanselle outras como a do arranxo da instalación eléctrica do Centro Cultural da Alcántara, xa que tiña múltiples avarías e danos provocados pola humidade; así como tamén a reparación do equipo de conmutación automática do pavillón de deportes, entre moitas outras.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



