A Mariña 14-6-17. A Directora Técnica Xeral de A Mariña, Mª José Nóvoa, asisitiu o pasado 7 de xuño á presentación da plataforma e-Motional Training na axencia de coñecemento en saúde (ACIS).
Foi o Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, D. Jorge Aboal Viñas quen deu a benvida a tódolos asistentes ,para dar posteriormente paso ao Dr. Alexandre García Caballero , Prof.Asociado de Psiquiatría USC e Psiquiatra do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense , quen presentou o programa e-Motional Training.
Dende ese día iniciamos os trámites para contar con este programa nos distintos dispositivos da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña e hoxe, concretamente, iniciamos o desenvolvemento do mesmo na Unidade Residencial de Cervo. Queremos agradecer, por tanto, a máxima colaboración ao Dr. Caballero.
Mañá será levado ao Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e o venres María José Nóvoa fará a primeira sesión grupal en Ribadeo.
Este é un programa de auto-entrenamento online para a rehabilitación en cognición social dirixido a pacientes con trastornos mentais como a esquizofrenia, o trastorno bipolar, os trastornos do espectro autista, entre outros. A versión inicial do programa comenzou a desenvolverse no ano 2011, estando operativa en 2013 e os seus resultados foron xa publicados a nivel internacional. O programa foi galardoado co II PREMIO NACIONAL INNOVAeVIA ao mellor proxecto de Innovación de saúde 2015.
O obxetivo do mencionado programa é a creación de unha serie de exercicios ecolóxicos, atractivos, sin estímulos irrelevantes, minimizando a carga cognitiva con dificultade crecente e feedback inmediato e continuo.
Esta programa permite ter uns resultados moi positivos en cognición social. Está demostrado que cun 80% de entrenamento, a través dos exercicios testados ( como o recoñecemento de emocións faciais), o nivel de mellora é moi alto. Na parte da teoría da mente a ferramenta utilizada son 2 películas e finalmente hai un videoxogo chamado Second Chance en fase experimental, que recibiu O I PREMIO NACIONAL AO MELLOR VIDEOXOGO NO CERTAME eSAÚDE 2016.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



