O Valadouro (Lugo), 14 de xuño de 2017.- A Consellería do Medio Rural achega 881.735,05 euros para apoiar 102 proxectos presentados polas Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común lucenses e dirixidos á prevención e defensa contra os lumes forestais.
Así o deu a coñecer o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante unha visita ao monte de Vilacampa, no municipio do Valadouro, onde acompañado por directivos da Comunidade de Montes, beneficiaria destes apoios, supervisou os espazos nos que está previsto desenvolver as distintas accións.
En concreto as axudas promovidas desde a Consellería do Medio Rural contemplan dúas liñas de subvención: por unha banda, financia o control selectivo da biomasa combustible en áreas cortalumes, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural e a roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais.
A segunda liña de subvención financia a construción de puntos de auga, que deberán localizarse en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais.
O renovado compromiso do Goberno galego co coidado e protección dos nosos montes tradúcese en que a convocatoria vixente destas axudas contou cun incremento do 14% no seu orzamento, ata os 4 millóns de euros, con respecto á convocatoria anterior. Estas axudas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020
O delegado territorial da Xunta en Lugo quixo poñer en valor os esforzos que realizan moitas comunidades de montes na provincia, que veñen traballando intensamente na recuperación das superficies forestais que xestionan, e lembrou que a través destas axudas quere contribuírse a manter un monte coidado e produtivo.
Balseiro animou tamén á unir esforzos nesta materia e indicou que teñen prioridade á hora de recibir axudas os proxectos conxuntos que agrupan a varias entidades, pois no proceso de concorrencia competitiva sempre obterán máis puntos e máis posibilidades de obter o apoio económico.
O dirixente territorial rematou insistindo na colaboración cidadá na prevención e loita contra os lumes forestais e animou á utilización do 085 como teléfono de aviso, “operativo as 24 horas do día para transmitir calquera alarma por lume no monte. Entre todos podemos evitar os incendios ou minimizar o seu impacto. Entre todos protexer a riqueza ambiental, forestal e produtiva do nosos montes”.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



