O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, recibiu este venres na Casa do Concello pontenovés aos membros do Sporting Pontenova, o equipo mariñán que na tempada 2016-2017 acadou o dobrete tras conseguir o título de liga e o ascenso a Primeira Autonómica, así como a Copa Deputación de Fútbol. O Sporting Pontenova impúxose na final disputada no Anxo Carro ao CF Friol, reconquistando o título, 18 anos despois de gañalo por primeira vez.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



