A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza un debate público sobre o que está a acontecer a respecto de Cataluña, o referendo e todas as implicacións que ten neste momento. Desde esta asociación cremos que é importarte coñecer de primeira man a opinión dos diferentes partidos políticos que teñen representación tanto no Concello de Ribadeo como no Parlamento galego. E coñecer esas posturas tamén nos permitirá poder debatelas, contrastalas e defendelas ou rebatelas. Por iso emprazamos ás e aos ribadense a participar nesta actividade o próximo xoves, día 28, ás 20.30 h, no salón de actos da Casa do Mar.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



