Lugo, 26 de xaneiro 2018. O BNG presentará no Pleno da Corporación Provincial Deputación unha iniciativa para que neste ano 2018 se recuperen as dotacións económicas que existían no ano 2015 para as subvencións de concorrencia competitiva das áreas de Cultura e Deportes. Ademais dende o BNG tamén se solicitará que as convocatorias das subvencións en concorrencia competitiva das áreas de Cultura e Deportes, correspondentes ao ano 2018, sexan convocadas no primeiro trimestre deste mesmo ano, levándose a cabo a súa resolución e publicación no segundo semestre do ano en curso.
Ferreiro explicou que “neste ano 2017, ao igual que aconteceu no ano 2016, as subvencións en concorrencia competitiva das áreas de Deportes e Cultura foron resoltas a finais do mes de decembro e publicadas xa entrado o mes de xaneiro do ano seguinte, cuestión que provoca que as distintas asociacións non teñan coñecemento do que lles podería corresponder antes de que remate o período para poder executar o gasto”. “Esto é unha complicación para moitas as asociacións que ante a súa precariedade económica non poden realizar o gasto ata saber se van dispor ou non da axuda ou coñecer a cantidade na que vai consistir esa axuda” concluíu o voceiro do BNG na Deputación de Lugo.
Non coñecer estes datos antes do prazo establecido para executar as actividades ou investimentos correspondentes, fai que o número de devolucións das subvencións concedidas sexa moi importante, quedando sen gastar unha boa parte do orzamento destinado a estas subvencións. Nestes dous últimos ano vese como as cantidades económicas destinadas a estas subvencións, repartidos por criterios estritamente obxectivos, se viron reducidas dun xeito importante, cuestión que está a afectar tanto a numero de asociación beneficiadas por estas subvención como a cantidade que lle corresponde a cada unha delas.
“A xestión do goberno socialista sobre estas axudas vén contradicindo o camiño iniciado polo BNG, tanto cando gobernaba nestas áreas como a que segue agora na oposición, propoñendo a instauración do Plan Único para os Concellos como medida para reducir a discrecionalidade á hora de repartir os cartos públicos e aumentar dunha forma moi importante as cantidades que de forma obxectiva e con criterios previos se reparten agora para os concellos” afirmou Ferreiro.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.