NOTA DE PRENSA
Blanco denuncia que a Xunta deixou soa A Mariña diante a neve e a choiva
O BNG solicita no Parlamento axudas para facer fronte aos danos dos temporais
Unha delegación do Bloque nacionalista Galego visitou onte os Concellos de Cervo e Viveiro para avaliar en situ, os efectos do temporal de choiva e manter contactos cos afectados a fin de recadar a súa opinión respecto do estado de cousas. A delegación do BNG da que formaban parte ademais de Fernando Blanco e Antonio Veiga, os Portavoces Nacionalistas de Viveiro e Cervo, acudiu a Parroquia de Valcarría onde mantivo unha xuntanza cunha delegación da directiva da Asociación de Veciños, así como ao Concello de Cervo onde visitaron o estado no que ficaron boa parte dos montes así como diferentes puntos onde se desbordou o Río Xunco. Na mesma xornada os nacionalistas tamén mantiveron contactos con representantes do comercio e da hostalería que viron como os seus negocios foron anegados o que volve incidir na situación sufrida o ano pasado.
O Conselleiro da Presidencia que se dedique a gobernar e non a apagar os dos eu partido en Ourense
Os accidentes meteorolóxicos vividos na comarca da Mariña no último mes, a comezar polo temporal de neve do mes de Decembro que deixou illados a moitos puntos da nosa xeografía, e a seguir polo temporal de vento e choiva que provocou importantes estragos en varios Concellos da zona, evidencian a falla de previsión da Xunta de Galiza, e de xeito moi particular da Consellaría da Presidencia. Segundo afirmou Fernando Blanco“non é de recibo que por parte da Consellaría da Presidencia non se tivera alertado aos Concellos do que se viña enriba e moito menos, que por parte do organismo competente non se tiveran posto en marcha os protocolos diante de situación de emerxencia que ten definidos a Xunta de Galiza. É máis, non pode ser que tras o acontecido, e a pesar das advertencias feitas por parte dos Concellos, a día de hoxe o Sr.Rueda non teña comparecido para explicar a magnitude dos temporais e facer unha valoración dos danos. Sería bo que o Conselleiro da Presidencia se dedicase a gobernar o País, que é para o que lle pagamos todos galegos, e se deixase de exercer de casco azul na guerra civil que vive o seu partido en Ourense”.
O temporal de neve e as inundacións dos últimos días provocaron importantes danos en toda a Comarca, que afectaron a diversas infraestruturas públicas pero tamén a propiedades particulares. Neste sentido hai que destacar que son moitas as vías de comunicación da comarca que se viron deterioradas polas nevadas e as riadas, ou grandes masas de bosque arrasadas cando aínda non se recuperaron da catástrofe do Klaus o prezo da madeira sen contar con outros bens de carácter particular.”Non estamos debuxando un panorama catastrofista, abonda con darse unha volta polos montes de Cervo ou Xove para ver as toneladas de madeira derrubada, ou visitar Trabada, A Pontenova e Riotorto para observar os danos nas estradas secundarias, xa sen facer referencia aos danos sufridos por vivendas de toda A Mariña”, afirmou Blanco quen denunciou “a ausencia de medios para poder facer fronte as situacións criadas así como o silencio do Goberno Galego, quen actuou nesta situación como se non existira. Non pode ser que diante do acontecido o Goberno Galego non se puxera en contacto cos Concellos para interesarse pola situación e fornecerlle medios materiais e humanos para dar a resposta debida.”
Demanda de explicacións e axudas para repoñer os danos causados polas riadas para bens públicos e privados.
O Bloque Nacionalista Galego vai solicitar a comparecencia do Conselleiro da Presidencia no Parlamento a fin de que explique os seus erros de previsión diante da situación e asemade demandará dos diferentes departamentos da administración autonómica que habiliten diferentes liñas de axudas que permitan facer fronte a esta situación de excepcionalidade. Nesta liña desde o BNG consideramos que as mesmas deben atender por unha banda a apertura dun fondo dirixido aos Concellos a fin de que actúen no mobiliario e estruturas locais afectadas, noutra a facer fronte aos danos que estes desastres provocaron en particulares, negocios e masa forestal e un último dirixido a que a Xunta interveña en mellorar aqueles elementos que aumentan o risco en caso de accidentes meteorolóxicos. “ A Xunta de Galiza non pode deixar sos aos Concellos e aos particulares nunhas circunstancias como as actuais, polo que esiximos a posta en marcha urxente destas medidas. Non é normal que as mesmas teñan que ser demandas desde a oposición, senón que por motu propio o Goberno debía de te-las feitas públicas xa” recalcou Blanco.
Os 100.000 euros aportados pola Xunta, non chegan nin para empezar, afirmou o Portavoz Comarcal nacionalista
Xa por último o Portavoz Comarcal Nacionalista mostrouse moi crítico co feito de que a Delegada Provincial da Xunta non aproveitase a súa presenza na Mariña para xuntarse cos concellos e colectivos afectados e que o Goberno Galego limitase as axudas públicas a 100.000 Euros.”Non é de recibo que a Sra. Arias se pasease onte pola Mariña, como se nada pasase, facendo política partidaria, e non puxese unha soa solución para facerlle fronte á situación. Agora ben, tampouco nos estraña se temos en conta que diante dos problemas a administración autonómica desaparece nuns casos e noutros o que fai é agrandalos. A Sra. Arias, cobra para gobernar, así que se aplique o conto” afirmou Veiga. O responsábel Comarcal do BNG considerou como unha auténtica tomadura de pelo que as axudas públicas que onte anunciou a Xunta se limiten a 100.000 Euros para actuar nos cauces dos ríos. “E unha auténtica tomadura de pelo e unha absoluta falla de vergoña a cantidade así como o obxecto da mesma, posto que se ben é certo que enecesaria a actuación proposta, os 100.000 Euros, non dan para comezar. Mesmamente o carácter desta axuda indica que a Xunta de Galiza non ten ningunha vontade de dar resposta sobre os danos que xeraron tanto o temporal de neve como o de choiva” rematou Veiga.















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



