NOTA DE PRENSA Veiga afirma que a actual política crediticia significa a desaparición de centos de pemes e autónomos na Mariña. Os nacionalistas instan á Xunta e ao Goberno a que apreme á ba... Ler máis
NOTA DE PRENSA Veiga afirma que a actual política crediticia significa a desaparición de centos de pemes e autónomos na Mariña. Os nacionalistas instan á Xunta e ao Goberno a que apreme á ba... Ler máis
BARREIROS.-O BNG votou en contra do recoñecemento extraxudicial de créditos no pleno celebrado onte pola tarde en Barreiros. Antonio Veiga asegura que “se trata dun procemento excepcio... Ler máis
Sairá do Concello ás 12,30 e volverá ao mesmo punto tras un percorrido polas rúas Villafranca del Bierzo, Ramón González, Dr. Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo e remate de novo no concello. A convocatoria ven do colectivo pola paz da Mariña de Lugo e Occidente asturiano que se concentra todos os domingos nas escaleiras do concello para denunciar todas as guerras no mundo, as carreiras armamentísticas, o risco de guerra nuclear e a posta en valor dunha cultura de paz como patrimonio e dereito das persoas. Ao remate lerase un manifesto esixindo o cese do fogo que é común a outras concentracións que se realizarán en todo o estado.
Durante todo o ano organiza paseos por diferentes vilas mariñás e abertas a todo o mundo, ainda que tamén traballa con grupos pechados. "Agora comezan a chegar as excursións e grupos organizados e xa teño varios tours programados para os vindeiros meses antes do comezo da tempada estival", comenta. Esta focega agradece a boa acollida das visitas "estou ilusionada, encántame a miña profesión e quero continuar con este proxecto. Agora estou diseñando novas propostas de cara a maio e xuño que pronto anunciarei".
Ata o próximo venres 19 de abril, quedará cortada a estrada provincial LU-P-2007, que vai de Nois-praia, por Cordido, ao Eixo a Moas, no punto quilométrico 3,700, debido ás obras que a institución provincial acometerá para substituír a drenaxe transversal. Os traballos, cun orzamento de 6.000€, serán realizados pola empresa adxudicataria da conservación desta zona da rede viaria provincial. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Esta actividade encádrase dentro da programación do club de lectura 'A carón dos libros' que promove a libraría, unha proposta aberta para todo o público. Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019 pola novela Carrusel e do premio Xerais de narrativa 2021 por Os seres queridos. Ademáis de narrativa tamén é autora do poemario a Raíz da fenda polo que acadou o premio nacional da Crítica en 2013. A ferida imaxinaria é a súa última novela que ven de ser publicada por Edicións Xerais.
As crianzas desfrutaron dun novo xoves de Brincos de Lecer, na Casa da Cultura.
Foi pronunciada por Manuel Rivero, autor do libro “Universo Aurora Sampedro Piñeiro”, sobre a figura desta científica e investigadora barreirense. A actividade foi organizada pola Comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga. Xunto a Manuel Rivero estivo o alcalde de Ribadeo, Dani Vega.
Durante o mes de abril teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotógrafica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)" que permitirá coñecer de preto como se vive esta Festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo. Poderase visitar ata o 3 de maio
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital