Nota de prensa ALFREDO LLANO VISITARÁ ESTA TARDE Á FAMILIA AFECTADA POLO INCENDIO REXISTRADO ESTA MADRUGADA NA SÚA VIVENDA. DÚAS PERSOAS FORON TRASLADADAS AO HOSPITAL DA COSTA POR INHALACIÓ... Ler máis
BURELA (FNC) .- A residencia da terceira idade de Burela foi evacuada na noite de onte despois de que saltase o detector de incendios na cociña do centro. Non houbo lume e realizadas as comp... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, visitou hoxe a zona afectada polo incendio que se rexistraba hai 24 horas nunha nave da lonxa. O rexedor asegura que se está voltando pouc... Ler máis
BURELA .- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou ás instalacións de Armadores de Burela para preocuparse pola súa situación tralo incendio. Asegurou que o seu departamento fará todo o... Ler máis
BURELA .- Sobre as 10 da mañá declarouse un incendio nunha das naves da lonxa de Burela que quedou controlado a primeira hora da tarde. Na extinción interviñeron bombeiros e persoal da maior... Ler máis
SAN CIBRAO .- Un incendio nun comercio de San Cibrao, na rúa Asturias nº6, obrigou a evacuar os veciños do inmoble. O Grumir de Cervo interveu para eliminar o incendio e a Garda Civil de Bur... Ler máis
SAN CIPRIÁN .- Descoñecidos incendiaron tres contedores situados no polígono industrial de Cuiña e nas inmediacións do instituto Marques de Sargadelos según indica desde Protección Civil do... Ler máis
RIBADEO .- Ribadeo recibiu hoxe o seu novo camión para a extinción de incendios nun acto no que se deron cita a directora xeral de Protección Civil, Esther González; o delegado provincial d... Ler máis
FOZ .- O portavoz do PP no concello de Foz, Angel Cao, asegura que a “irresponsabilidade” do alcalde, José María García Rivera, “puido ser a causa dunha desgracia maior en... Ler máis
BURELA.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acudiu esta mañá á rúa Arcadio Pardiñas, onde se rexistrou un incendio nun piso do inmoble nº 83. Llano conta que “comenzou a sair fume por... Ler máis







Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



