17 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O día 14 a Conselleira de Sanidade resposta a Balseiro sobre a continuidade da área sanitaria da Mariña

07-10-09

NOTA DE PRENSA

A iniciativa promovida polo deputado popular Jose Manuel Balseiro ten por obxecto clarexar todas as dúbidas sobre esta cuestión vertidas sen ningún fundamento por PSOE e, sobre todo por BNG, aos que lles empraza a cesar na estratexia de confusión e engano aos veciños

O MÉRCORES 14 DE OUTUBRO PILAR FARJAS DARÁ  RESPOSTA NO PLENO DO PARLAMENTO Á  PREGUNTA SOBRE O ÁREA SANITARIA DA MARIÑA

* Tanto a titular de Sanidade como o Presidente da Xunta confirmaron que o Hospital da Costa non dependerá para nada do de Lugo e fortalecerá o seu cadro de persoal, tecnoloxía e especialidades médicas, co obxecto de poñer freo ao deterioro que a sanidade comarcal vén experimentando tras a mala xestión do bipartito.

A Mariña, 07 de outubro de 2009.- A iniciativa impulsada polo deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol pola que interpelará á conselleria de Sanidade sobre a continuidade da área sanitaria da Mariña lucense está incluída na orde do día da vindeira sesión plenaria do Parlamento de Galicia e substanciarase o vindeiro mércores 14 de outubro, segundo puidemos coñecer no día de hoxe tras efectuarse a correspondente convocatoria.

A titular do departamento autonómico de Sanidade, Pilar Farjas terá oportunidade de confirmar en sede parlamentaria o que xa adiantou tanto ela mesma como o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo: Manterase a área sanitaria da Mariña, o Hospital da Costa non dependerá para nada do de Lugo e incrementarase a dotación tecnolóxica deste centro, así como o seu cadro de persoal e o número de especialidades médicas obxecto de consulta.

Balseiro Orol interpelará á titular do departamento autonómico de Sanidade de tal xeito que poida clarexar as previsións que manexa a Xunta para poñer fin ao deterioro do sistema público de saúde na Mariña, pero tamén para poñer de relevo a manipulación e o engano que tanto o PSOE como, dun xeito especial e descarado, o BNG están a desenvolver nesta asunto. A socialistas e nacionalistas emprázalles a deixar de difundir falsidades, que serán unha e outra vez desmentidas, porque non ten ningún sentido que persistan no intento de confundir aos veciños da Mariña nun asunto tan serio como é o da saúde.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive