CERVO.-O Concello de Cervo constituíu un comité con fin de que se encargue de coordinar accións contra a gripe A para garantir os servizo básicos municipais ante un hipotético risco de pandemia de gripe A, según anunciou o alcalde Alfonso Villares.
Nota de Prensa
O CONCELLO CONSTITUÍU O COMITÉ ENCARGADO DE COORDINAR AS ACCIÓNS CONTRA A GRIPE A PARA GARANTIR A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS MUNICIPAIS
* A súa labor será informar aos traballadores das medidas de protección persoal recomendadas pola administración sanitaria para combater o andazo
* Tamén se encargará de levar adiante as accións necesarias no caso de que os traballadores municipais se vexan obrigados a non poder acudir ao seu posto de traballo por mor desta pandemia
Cervo, 7 de outubro de 2009.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou que onte tivo lugar a constitución do comité coordinador do Plan de Continuidade de Empresa fronte a pandemia da gripe A.
Segundo indicou o rexedor municipal, este plan ten como obxecto tomar as accións necesarias para, “se fose o caso”, garantir a prestación de servizos básicos e a continuidade dos mesmos ante un hipotético risco de pandemia de gripe A.
Este comité, creado ao amparo da lexislación vixente na materia e recollido no Protocolo Especial do Protocolo Especial do Platerga fronte o Risco de Pandemia de Gripe A en Galicia (PEPGAL), esta presidido polo alcalde, e nel tamén participan sete traballadores do Concello en representación dos distintos servizos municipais. O seu coordinador será o cabo de Protección Civil, Mario Antuña.
O Plan de Continuidade de Empresa do consistorio cervense fronte a pandemia da gripe A enumera como servizos esenciais para o funcionamento desta administración local os da Policía Local, Protección Civil, Servizo de recollida de lixo e limpeza, Asistencia a Domicilio, Rexistro e Xulgado de Paz. Nel se dan a coñecer as medidas de protección persoal recomendadas pola administración sanitaria, de xeito que tódolos empregados poidan coñecelas entre os distintos servizos municipais máis propensos ao contaxio (PAI, Asistencia a Domicilio, etc…) e tamén se recollen as accións a levar adiante no caso de que os traballadores municipais se vexan obrigados a non poder acudir ao seu posto de traballo por mor desta pandemia.
Segundo indicou Alfonso Villares, unha vez constituído formalmente o comité, procederase a informar aos traballadores das medidas profilácticas de cara a combater “na medida do posible” o contaxio deste andazo. “Comezaremos polo Punto de Atención Continuada, xa que este é un servizo utilizado polos máis pequenos, e polo tanto hai que facer fincapé na divulgación das medidas hixiénico-sanitarias para combater a propagación deste virus non só nas traballadoras do PAI, se non fundamentalmente nos nenos que fan uso destas dependencias” salientou o alcalde.






















O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



