18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Barreiros acolle unha xornada sobre a compaña “Bandeira Azul” organizada por ADEAC

29-11-10

Nota de prensa:

BARREIROS ACOLLE HOXE UNHA XORNADA SOBRE A CAMPAÑA BANDEIRA AZUL ORGANIZADA POR ADEAC. UN ENCONTRO NO QUE PARTICIPAN A MAIORÍA DOS CONCELLOS DO LITORAL LUGUÉS.

Barreiros, 29 de novembro de 2010. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acolle hoxe unha xornada sobre a campaña bandeira azul, organizada por Adeac. Un encontro no que participan a maioría dos concellos do litoral lugués.
O alcalde barreirense, Alfonso Fuente, sinalou que “é unha xornada na que se presenta a campaña bandeira azul para os Concellos de Lugo. É unha xornada de axuda a aquelas persoas que cada ano elaboran este cuestionario e se envía esa documentación que logo chegará a Dinamarca para que sexa elaborada e para que sexa tida en conta comprobando si os concellos cumpren con toda a normativa para conseguir eses galardóns”.
O rexedor dixo que “están participando a maioría dos concellos do litoral de Lugo e estase a desarrollar con normalidade. A xornada está sendo positiva e serve para aclarar as dúbidas e preguntas que xurden en cada concello e que se non se resolven nesta xornada hai que estar comunicando constantemente con Adeac en Madrid para que sexan resoltas nos vindeiros meses”. Fuente Parga agradeceu “a Adeac que se desprace a Barreiros para informarnos directamente desta campaña. Nós levamos moitos anos traballando e conseguindo as bandeiras azuis. Puxemos a disposición de Adeac o noso Concello para impartir esta formación ou calquera outra que poida chegar”.
O alcalde considera que “non se trata de conseguir máis ou menos bandeiras senón que as praias estean en perfectas condicións para o seu uso e disfrute. Hai que ver o que se pode mellorar nos areais coa axuda destas persoas que hoxe nos visitan”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive