Ribadeo, 9 de xullo de 2025. Acisa destaca o esforzo económico que realiza no marco da coorganizacion do Ribadeo Indiano, investindo máis de 45.000 euros neste décimo aniversario que esta a piques de comezar. A vila vístese estes días de branca para gozar dunha cita, que se desenvolverá do 11 ao 13 de xullo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “as rúas, prazas, rotondas xa están decoradas, aparcamentos a punto, escenarios a piques de estar listos… o X Ribadeo Indiano xa esta aquí. Este ano 2025 con motivo da celebración do décimo aniversario, e grazas as axudas obtidas, Acisa Ribadeo fai un esforzo sen precedentes e inviste unha cantidade récord, duplicando o presuposto dedicado ao Ribadeo Indiano, máis do dobre doutras edicións e sendo a actividade á que mais recursos destinamos, con arredor de 45.000 euros. O esforzo ben merece a pena, porque estamos ante da fin de semana máis agardada para todo o tecido empresarial ribadense”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “esta enorme inversión de 45.000 euros aproximadamente, supón arredor do 35 % do presuposto de Acisa para realizar actividades durante todo o ano, o que reflexa o enorme compromiso da nosa entidade co evento. E podemos facela grazas en primeiro lugar aos fondos propios de Acisa, é dicir ás cotas dos nosos socios e aos patrocinios privados que xestionamos, á subvención da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, concretamente á Área de Cultura e tamén á Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. Con estes mais de 45.000 euros, Acisa Ribadeo aporta ao Ribadeo Indiano boa parte da súa esencia, concretamente 15.000 vasos conmemorativos, 14.000 bolsas de comercio, o sorteo da viaxe a México con 160.000 rifas repartidas entre os 170 negocios asociados, actuacións musicais, actividades de ocio infantil e xuvenil, os mais de 20.000 metros de decoración e 1.000 faroliños tanto de rúas como de negocios e a súa instalación así como publicidade e promoción do evento”.
E engadiu que “esta inversión que fai Acisa esta máis que xustificada, xa que con datos do pasado ano, o Ribadeo Indiano xerou entre 3 e 4 millóns de euros de facturación en todo o tecido empresarial local, sen contar a repercusión na contorna, que tamén a ten, e estimase que atraeu a uns 60.000 visitantes en tres días a Ribadeo”.
Cruzado Iglesias subliñou que “para Acisa Ribadeo é un esforzo económico enorme poder aportar estas contía, pero entendemos que é importante facelo xa que se trata do evento mais singular que ten a nosa vila e que repercute de maneira moi positiva na economía de todo o tecido empresarial local. E por iso tamén debemos de agradecer ás entidades públicas e privadas que confían en nos para xestionar as súas colaboracións económicas. Desde Acisa Ribadeo estamos moi satisfeitos do traballo realizado e da enorme achega que facemos nesta edición, agora chega o momento do comercio, dos bares, dos restaurantes, dos hoteis…. queremos facer un chamamento a que decoren os seus establecementos para a ocasión, que empreguen a decoración facilitada por Acisa para decorar, bares, terrazas, escaparates… que se animen a facer decoracións florais que recrean unhas estampas inigualables, e por suposto animalos a caracterizarse como ribadenses de finais do século XIX ou principios do XX, como auténticos indianos. E como non, animar a veciños e visitantes a pedir as rifas para o sorteo da viaxe a México, nos establecementos asociados a Acisa, ou a facerse cun vaso ou bolsa de recordo conmemorativo do Ribadeo Indiano”.
Pérez Prada manifestou: “nestes días somos moitas as persoas que estamos a traballar a reo para esta nova edición do Ribadeo Indiano, e dende aquí agradecemos a implicación de todas as persoas que dun xeito ou de outro, traballan para sacalo a diante. Dende os empregados municipais, os empregados de Acisa, as empresas contratadas, as persoas que dende o anonimato a nivel persoal colaboran, as asociacións, … e nunha data como esta, nun décimo aniversario, é de xustiza recordar e recoñecer a labor daquelas persoas, que puxeron a andar e traballaron durante anos para que o Ribadeo Indiano sexa o que hoxe é, dende os responsables políticos e de Acisa daquel momento, así coma os técnicos municipais, e todas as que foron pasando ano tras ano”.
Presidenta e xerente conclúen: “desde Acisa Ribadeo, queremos desexarlles a todos os veciños e visitantes un feliz Ribadeo Indiano e a todos os empresarios locais un moi próspero décimo aniversario deste importante evento histórico cultural”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



