22 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Barreiros acompañou a alumnos do IES Gamallo Fierros na súa viaxe de intercambio a Italia

07-12-10

Nota de prensa:

ALFONSO FUENTE ATÓPASE DE VIAXE EN ITALIA. O ALCALDE ACOMPAÑA AOS ALUMNOS BARREIRENSES DO IES GAMALLO FIERROS DE RIBADEO QUE SE ATOPAN ESTES DÍAS DE INTERCAMBIO EN ROMENTINO.

Barreiros, 7 de decembro de 2010. O alcalde, Alfonso Fuente, acompaña a un grupo de alumnos do IES Gamallo Fierros de Ribadeo (a metade deles de Barreiros) no intercambio que están a realizar con rapaces dun centro de Romentino en Italia.

A expedición atópase nesa localidade da provincia de Novara desde o pasado xoves 2 de decembro e ten previsto retornar o vindeiro venres. Ao marxe das horas de clase os rapaces aproveitaron para visitar xa Milán e Venecia, mañá achegaránse ata Turín e o xoves ata Génova.

O rexedor explicou que “o director do Gamallo Fierros pedíume que os acompañase nesta viaxe por Italia e aquí estou. Fomos recibidos na Comune de Romentino polo seu alcalde e eu fíxenlle entrega dun escudo de Barreiros e dun DVD do Camiño Norte ao seu paso pola Mariña. Quero agradecer a acollida que nos están brindando desde que chegamos”. Romentino é unha localidade da provincia de Novara que se atopa enmarcada na rexión de Piamonte, ten 5.400 habitantes e adícase á agricultura, ao cultivo de arroz e conta tamén cunha pequena explotación de petróleo.

Fuente Parga contou que “o sábado asistimos á presentación dun calendario nun dialecto do romentino. O que estamos a ver é moi interesante para os nosos rapaces, en marzo os italianos viaxarán a Ribadeo e a Barreiros e agardamos que estean contentos entre nós. Os alumnos do Gamallo Fierros fixeron un traballo sobre as peregrinacións a Santiago desde Jerusalén e Roma e sobre os lazos de unión dese camiño”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive