15 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación iniciou os traballos de asfaltado da estrada entre O Paraño e Figueirido en Cervo

09-02-11

Nota de prensa

ALFONSO VILLARES VALORA DE XEITO POSITIVO QUE A DEPUTACIÓN INICIE OS TRABALLOS DE REXENERACIÓN DO FIRME NA ESTRADA ENTRE O PARAÑO E FIGUEIRIDO

* Estas obras fóronlle solicitadas ó organismo provincial dende o Concello

Cervo, 9 de febreiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, valorou moi positivamente o inicio dos traballos de asfaltado da estrada de titularidade provincial entre O Paraño (Cervo) e Figueirido que deron comezo no día de hoxe por parte da Deputación de Lugo.

Villares, que estivo a comprobar o desenvolvemento dos traballos xunto cos técnicos de Urbanismo municipais, indicou que este treito de estrada -que comunica a N-642 no cruce de Figueirido cos núcleos de Cervo e Sargadelos- era unha reivindicación solicitada polo Goberno local á Deputación “dende hai moito tempo”. “Por fin estes traballos comezaron hoxe e creemos que son moi necesarios porque lévanse demandando dende hai moito por parte dos veciños que viven nesa zona e tamén polo gran número de usuarios desta vía de comunicación. De feito, no Concello levamos recibindo queixas reiteradas polas deficiencias do seu firme; queixas que lle foron trasladadas á Deputación” dixo.

O alcalde aproveitou a visita á zona dos traballos para solicitarlles ós responsables provinciais que se atopaban na obra unha serie de melloras. “Pedímoslles que, ao tempo que asfaltan, melloren tamén as cunetas da estrada e que coloquen redutores de velocidade no tramo próximo a Figueirido, onde existe máis concentración de casas, posto que é unha petición que nos teñen transmitido varias veces os veciños que viven alí” salientou o rexedor.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive