22 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ante do desleixo e pasividade do goberno de Cervo e da Xunta, o BNG denuncia no SEPRONA verquidos de augas residuais ao Xunco

24-02-11

Nota de prensa

O BNG DENUNCIA DIANTE DO SEPRONA OS VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS EN FIGUEIRIDO DE MAIS DE 30 VIVENDAS

Os nacionalistas actúan diante do desleixo e pasividade do goberno local e da Xunta que incumpren o Decreto 96/2010 de 17 de xuño con motivo das inundacións do 9 e 10 de xuño

En Figueirido están rotas as tubaxes de saneamento e verten ao Rio Xunco sen que ninguén poña solucións para amañalo dende fai mais de un ano

Cervo, 24 de febreiro de 2010. O BNG de Cervo presentou unha denuncia diante do SEPRONA ao ver que o goberno municipal non atende as solicitudes presentadas por veciños e pola formación nacionalista para dar unha solución aos vertidos de augas residuais ao Río Xunco en Figueirido. Para os nacionalistas non se pode consentir a falta de acción e pasividade da administración local e galega que permiten este vertido dende fai oito meses cando rebentaron por mor das riadas dos días 9 e 10 de xuño varios tramos das tubaxes de saeamento e o goberno galego a pesar pasearse por Cervo ofrecendo solucións e publicar un decreto específico para a reparación destes danos aínda non fixo nada para reparalos.

Veciños e a formación nacionalista solicitaron a súa reparación sen éxito polo que agora presentan denuncia no SEPRONA

Veciños da zona foron ao concello en varias ocasión a pedir solucións e non os atenderon, o BNG tamén presentou unha petición formal por escrito o 2 de febreiro e tampouco se fixo nada. Por este motivo “temos que acudir á denuncia diante do SEPRONA para ver se temos mais éxito”, afirmou o Responsábel Local, Ramón Luís Bernardo Insua. Dende a formación nacionalista denunciaron que “os danos no saneamento xa veñen das riadas de xaneiro de 2010, e acabaron de rebentalo as de xuño do mesmo ano”, afirmou Insua, que engadiu que o Decreto 96/2010 de 17 de xuño, de Medidas Urxentes para Reparación de danos polas riadas na Mariña “pasou de longo por Figueirido co consentimento do goberno local que nin está nin se lle espera”.

Piden a reparación inmediata dos danos, eliminación dos vertidos e das tubaxes sobrantes e asentamento do terreo.

Os nacionalistas insisten e pedir ao goberno local que “faga o seu traballo”, non e de recibo que un ano despois as cousas sigan igual en Figueirido cando había compromisos tanto do goberno local como da Xunta para evitar un vertido que acumula un volume de mais de 30 vivendas. Insua lembrou que no pasado mes de xuño o Pte. da Xunta e o Conselleiro de Política Territorial visitaron Cervo en plenas inundacións; “Feijoo comprometeuse a reparar todos os danos e non o fixo, mentres o alcalde mira cara outro lado”. “En Figueirido e sobre o Río Xunco hai un problema de salubridade pública e contaminación medio ambiental grave polo que hai que actuar con urxencia eliminando os vertidos e as tubaxes sobrantes, así como o asentar o terreo que foi cedendo sobre o río, nos xa llo requirimos ao alcalde e non fai caso, a ver se coa denuncia no SEPRONA andan mais rápidos”, concluíu o Responsábel Local nacionalista.

————-

Xoán Antón Estúa García, concelleiro portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego
na Corporación Municipal de Cervo, ao abeiro da lexislación vixente.
Expón:
Que á altura da Ponte de Figueirido mantéñense rotas varias tubaxes de saneamento dende as riadas de xaneiro e
xuño de 2010 vertendo ao río Xunco augas residuaís dende fai moitos meses. Todas as arquetas están abertas ou
en desuso e varios metros da tubaxe de saneamento inservíbeis, ademais haí un muro de contención cedido debido
posibelmente ás constantes filtración s de augas residuais das tubaxes que non estaban ben selladas.
Na visita que o Pte. da Xunta Alberto Núñez Feijoo e o Conselleiro de Política Territorial, Medio
Ambiente e Urbanismo, Agustín Hernandez, realizaron ao concello de Cervo con motivo das riadas de
xuño de 2010 anunciaron a declaración de emerxencia «de todas as obras necesarias nas estradas
autonómicas, nas canles fluviais, muros e na reparación e reposición de todo aquilo que se retire ao
abastecemento e saneamento de auga». Á vista da situación actual do saneamento en Figueirido,
ninguha dasactuacións anunciadas foi executada a pesar do paso do tempo.
Polo exposto, SOLICITA:
1.- A eliminación inmediata dos vertidos de augas residuais en Figueirido.
2.- A retirada e substitución das tubaxes de saneamento destrozadas por unha red e nova evitando
calquera impacto medio ambiental.
2.- A reconstrucción do muro de contención asentando o terreo cedido sobre o Río Xunco.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive