O grupo de educación nos tempos libres Chao de Castro-Altair de Burela organiza un campamento dirixido a nenas/os de 8 a 16 anos nos días 24, 25, 26 e 27 de marzo, na parroquia de San Xián de Cabarcos no concello de Barreiros. O custe da actividade é de 45 euros para os inscritos e 60 euros para os non inscritos (campamento máis a inscrición do mes de abril ás actividades). A data límite para inscribirse será o 18 de marzo. Para máis información consultar a páxina chaodecastro.wordpress.com, mandar un correo chaodecastro.altair.burela@gmail.com ou telefonear ao seguinte número 626739549.
Campamento de primavera do 24 ó 27 de marzo
Campamento de primavera do 24 ó 27 de marzo
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación