A aula universitaria da UNED de Foz organiza un curso de monitor de tempo libre e manipulador de alimentos que se impartirá na propia aula universitaria de Foz dende o 4 de novembro ata o 21 de decembro cun total de 350 horas. O prezo da matrícula é de 300 euros, 290 para os alumnos da UNED e persoas desempregadas. A matrícula pódese formalizar na secretaría da UNED aportando unha fotografía tamaño carné, unha fotocopia do DNI (xa que é preciso ter os 18 anos cumpridos) e unha copia da titulación (requírese graduado escolar); ademais do xustificante de pagamento. Os interesados poden obter máis información en: foz@lugo.uned.es.
Monitor de tempo libre e manipulador de alimentos
Monitor de tempo libre e manipulador de alimentos
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder