A CIG fai un chamamento a toda a sociedade galega a participar nas concentracións en rexeitamento á violencia machista , convocadas polo movemento feminista tras do asasinato este xoves de María Elena Rodríguez Quiroga, en Foz. As protestas iniciáronse o pasado sábado en Vigo e Ferrol e continuarán hoxe luns 28 en varias vilas do país.
Horarios e lugares das concentracións:
– A Coruña – luns 28 ás 20h no Obelisco (Movemento feminista da Coruña).
– Compostela – luns 28 ás 20h Praza 8 marzo, Porta do Camiño (Movemento feminista de Compostela).
– Foz – luns 28 ás 20 horas na Praza do Concello (Observatorio da Mariña pola Igualdade).
– Ourense – luns 28 ás 20h diante da Subdelegación do Goberno, Parque San Lázaro (Marcha Mundial das Mulleres).
Dende a central nacionalista maniféstase o rexeitamento a todas as estruturas e valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista, instando aos poderes públicos a combatela de xeito prioritario e integral, recuperando o seu carácter prioritario, dotando de orzamentos suficientes as políticas de igualdade, xunto con programas de prevención e actuación. Comezando tamén por unha política educativa desde idades temperás que permita erradicar comportamentos discriminatorios, de xeito que sexamos quen de acadar unha sociedade libre de violencia.