A Concellería de Educación, Cultura e Turismo de Burela, a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza o espectáculo Toc Toc, dirixido a nen@s de 3 a 10 anos. Segundo explican desde a Concellería de Educación “trátase dun musical infantil no que o autor, Pablo Díaz, invita a cantarlle á alegría e á amizade ao tempo que inculca valores como o ecoloxismo ou a paz dun xeito lúdico e co galego como lingua”. O espectáculo será o vindeiro sábado, 5 de abril, ás 17:30 horas no auditorio da Casa da Cultura do Concello de Burela. Toc toc está dirixido a un público familiar e a entrada será libre e de balde, ata completar a capacidade da sala.
O musical infantil ‘Toc Toc’ en Burela
O musical infantil ‘Toc Toc’ en Burela
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder