Xove, 22 de maio de 2014.- Máis de 50 persoas do movemento asociativo de COGAMI desprázanse ata a Mariña para conmemorar a XXIV Asemblea anual. Esta celébrase en Xove en recoñecemento do 25 aniversario de creación da asociación A Mariña-COGAMI, entidade membro da Confederación dende 1998.
O sábado, 24 de maio, o centro de recursos para persoas con discapacidade de Palmeiro, en Xove (esquina estrada da Regueira con urbanización Palmeiro, s/n) acolle a XXIV Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Antes da Asemblea, ás 11:00 horas, haberá un acto no que van participar:
Alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro
Vicepresidenta 2ª da Deputación de Lugo, Lara Méndez López
Ex-Presidente de A Mariña-COGAMI, Nemesio Quelle
Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga Vila.
Ao acto asistirán ademais os alcaldes dos concellos de Trabada, Burela, Lorenzá e O Valadouro e tamén confirmaron a asistencia a Tenente de Alcalde de O Vicedo e a Concelleira de Servizos Sociais de O Cervo.
Ás 12:00 horas é cando iniciará a asemblea, na que se fará un resumo de todas as actividades realizadas por COGAMI durante o ano 2013 e se presentarán os proxectos programados para o exercicio actual.