A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha nova andaina, desta vez un tanto especial. Trátase da Romaría da Santa Cruz, unha ruta duns 15 km dende o Santo Estebo do Ermo ata a Capela da Santa Cruz. Como broche final á ruta, disfrutarase dunha comida campestre no campo da festa por un módico prezo de 15 €. Trátase dunha xornada de portas abertas na que pode participar todo o mundo, independentemente de que vaia camiñar ou non, polo que dende Terras de Lourenzá animan a todos a participar desta comida e xuntanza en honor á festa da Santa Cruz, en A Tilleira. Os teléfonos para apuntarse son: 982 121 006 / 636 679 512, 645 940 013.
Terras de Lourenzá organiza unha ruta á Romaría da Santa Cruz
Terras de Lourenzá organiza unha ruta á Romaría da Santa Cruz
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder