José Antonio Varela Juan proclamouse vencedor da III Subida á Pontenova do Campionato Galego de Montaña 2014 que se celebrou entre o 16 e o 17 de agosto de 2014.
Por detrás, pero tamén no podio, remataron Jacobo Sobral e César Rodríguez, segundo e terceiro da xeral, respectivamente.
Enrique Lombardía, sexto, foi o mellor entre os locais rematando a proba a 15 segundos do primeiro clasificado. E na categoría de histórico, Rafael Bustelo fíxose co título a 15 segundos do segundo clasificado.
A clasificación completa pode descargarse a través da web dos organizadores: Escudería A Pontenova.