Máis de vinte traballadores agrarios e desempregados dos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Viveiro, Barreiros e Ribadeo participan no curso de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios que empezou este xoves no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá. Foi inaugurado pola alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, e por un responsable de formación da asociación agraria Asaja, Manuel López. O curso rematará o 17 deste mes, venres, ás 10 da mañá co exame, que se realizará no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Vilaframil (Ribadeo).
Curso de manipulador de produtos fitosanitarios en Lourenzá
Curso de manipulador de produtos fitosanitarios en Lourenzá
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación