O hotel Vila do Val, situado en Ferreira do Valadouro, continua coas súas primeiras Xornadas do Outono e ofrece esta fin de semana un novo menú elaborado con productos típicos de temporada. Tanto este sábado 1 de novembro, coma o domingo 2, todos os comensais que acudan ó restaurante Vila do Val poderán disfrutar por un prezo de 12 euros, bodega aparte, dun menú composto por dous platos: revolto de setas de primeiro e coello de monte estofado con verduras de segundo. Os interesados poden realizaras súas reservas con anterioridade no teléfono 982 57 16 53, no correo electrónico info@hotelviladoval.com ou no propio establecemento ubicado nas cercanías da praia de Santa María, en Ferreira do Valadouro. Ademais, dende o Hotel Vila do Val recordan a todos os seus clientes que o restaurante continúa ofrecendo todos os venres os seus xa tradicionais montaditos a un prezo de 2 euros.
I Xornadas de Outono no hotel Vila do Val
I Xornadas de Outono no hotel Vila do Val
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder