Natalia Candia, de Vilachá (Xove), fíxose co premio de 500 euros que a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar sorteaba a través da venda de rifas para recadar fondos para as festas de Santa Eufemia que se celebraron o 12, 14 e 16 de setembro. María Díaz, tesoureira da asociación, foi a encargada de entregar o premio este domingo 5 de outubro aproveitando a reapertura do local social despois do parón das actividades durante o verán. O número gañador que a afortunada presentou para recoller o premio foi o 7.593 que coincide coas catro últimas cifras do número gañador do sorteo da ONCE do pasado martes 16 de setembro, o 87.593.
Trasbar entrega 500 euros
Trasbar entrega 500 euros
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder