Mondoñedo, 19 de decembro de 2014. O equipo de Goberno de Mondoñedo apoia a ILP que demanda a implantación dos servicios de radioterapia, medicina nuclear e hemodinica 24 horas, nos seus termos orixinais.
Ademais este equipo de Goberno rexeita “totalmente as emendas aprobadas esta semana no Parlamento de Galicia polo Partido Popular, que desvirtuou por completo a ILP, desprezando e niguneando aos firmantes e a todo o pobo de Lugo en xeral”.
A maiores lembran que esta iniciativa esta apoiada por mais de 42.000 veciños da provincia.
Por último sinalan que a implantación no HULA dos servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas “é unha demanda irrenunciable para tódolos veciños de Lugo e da Mariña pola que todos seguiremos loitando”.