O alcalde, José Mª González Barcia, presidiu a recepción que o Concello lle ofreceu aos alumnos e alumnas de Poussan, que estiveron a participar nun intercambio no IES Monte Castelo estes días. Este grupo de rapaces e rapazas do College Via Domtia de Poussan acudiron a Burela dentro do XVI Intercambio Poussan-Burela 2015, que se desenvolveu do 1 ao 6 de febreiro. Os alumnos e alumnas de Poussan visitaron Burela, San Andrés de Teixido, a praia das Catedrais, Taramundi e Santiago de Compostela. Este intercambio está organizado polo departamento de francés do IES Monte Castelo e no mesmo participan rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO desta materia. No Concello estiveron acompañados, entre outros, polo director do centro Marcelino Luna.
O Concello recibe ó alumnado de Poussan de intercambio en Burela
O Concello recibe ó alumnado de Poussan de intercambio en Burela
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder