O vindeiro venres 18 ás 18.00 horas no Centro Deportivo Activity Center (na entrada de Burela) terá lugar a presentación das “Carreiras Solidarias Alas de Vida 2015” que se desenvolverán o 26 e o 27 de setembro en Burela baixo a organizción de Fanto Fantini.
O ano pasado a iniciativa lograra doar 7.600€ á Asociación DEBRA para que seguise na súa loita coa pel de bolboreta.
O sábado 26 pola tarde desenvolverase o paseo solidario “Alas de vida”. Serán 3 km dende a Praza da Mariña á Marosa que se poderán percorrer de diferentes formas: andando, en patíns, bicicleta, silla de rodas, correndo… A reunión rematará cunha chocolatada na praza da Mariña con música e xogos para os máis pequenos. A inscrición ten un prezo de 3 euros.
Xa o domingo 27 desenvolverase a segunda Media Maratón de montaña Alas de Vida cun duro percorrido polos arredores de Burela e o seu litoral marítimo con saída da praza da Mariña ás 11.00 horas. Neste caso o prezo da inscrición é de 15 euros e poderase formalizar ata 30 minutos antes do inicio da proba cronometrada por www.empa-t.com.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
