Óscar Buján lograba estrear o pasado sábado o palmarés de campión para o Atletismo Lourenzá no prestixioso Cros de Navelgas. Óscar impuxo a súa calidade dende o principio da proba e venceu cunha gran autoridade.
Ademais, Hugo Villalba conquistaba unha medalla de bronce na categoría alevín masculino.
Tamén participaba na carreira de adultos Genucho Villalba.