O Concello de Lourenzá organizaba o pasado venres o XVIII Día da Bici coa colaboración das Escolas Deportivas Lourenzá (ED Lourenzá Ciclismo), Motos Santalla, La Voz De Galicia, Pastelería Cabaleiros, a Comisión de Festas Conde Santo e Protección Civil. Participaron 176 ciclistas de diversas idades que disfrutaron do percorrido ata a Cazolga, completando un total de 12 quilómetros. Ó final do evento sorteouse entre todos os participantes a tradicional bicicleta de montaña que foi entregada pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López. O afortunado nesta edición foi José Antonio Rodríguez Romero.
XVIII Día da Bici en Lourenzá
XVIII Día da Bici en Lourenzá
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder