Barreiros, 21 de outubro de 2015. O Concello conta cun novo vehículo para Protección Civil. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, agradécelle á Vicepresidencia da Xunta a súa colaboración.
O rexedor viaxou este martes ata a localidade de A Estrada para recoller este novo coche que “nos permitirá mellorar os servizos que lles prestamos aos veciños e ás veciñas de Barreiros, así como ir renovando o noso equipamento pouco a pouco”.
O alcalde, Alfonso Fuente, amosoulle este mércores o novo vehículo á secretaria da asociación de voluntarios de Protección Civil de Barreiros.