25 de febreiro de 2016.- Este xoves tivo lugar unha xornada teatral no IES Porta dá Auga de Ribadeo onde actúa o grupo creado no taller de teatro da Asociación de Axuda ó Enfermo A Mariña coa súa obra “O cazo de Sabela”.
O taller de teatro desenvolvido durante o ano pasado foise consolidando e actualmente, ademáis dos innegables beneficios terapéuticos para os nosos usuarios, estase convertendo (por medio das actuacións en diversas localidades) nun potente mecanismo de sensibilización sobre a enfermidade mental e elemento integrador na comunidade.
Coa obra “O Cazo de Sabela” preténdese concienciar á sociedade do que supón padecer unha enfermidade mental e as dificultades ás que se enfrontan no seu día a día as persoas que a padecen.
Desde a asociación queren dar as grazas ao IES Porta da Auga por esta oportunidade que lles brinda para achegarse e sensibilizar aos máis novos e, tamén, pola súa gran acollida que contribuíu a mellorar a autoestima dos seus usuarios.