Dende o día 1 de abril, a Rede Museística Provincial de Lugo súmase á conmemoración do Ano Castelao, cunha variada programación de exposicións, relatorios, concertos, obras de teatro, que se levarán a cabo ó longo dos museos da Rede.
Dentro deste programa de actos, o próximo mércores 27 de abril, ás 19.00 horas, no Museo Provincial do Mar, terá lugar un destes relatorios que ofertarán unha visión multidisciplinar da persoaxe, neste caso baixo o título “Castelao dramaturgo”, impartido por Manuel Lourenzo.
A Manuel Lourenzo podémolo encadrar como actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, traductor galego e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
A entrada será de balde ata compretar o aforo do Museo.