Ribadeo, 25 de maio de 2016.- A tienda Indianos se visten de cine, aberta o luns nas galerías da rúa Villafranca del Bierzo, en Ribadeo, realizou xa as primeiras vendas e os primeiros alugueres de roupa para a III Festa Indiana, que se celebrará en Ribadeo do 8 ao 10 de xullo. Os prezos poden oscilar entre os 10 e os 15 euros das saias ou guayaberas aos 25 euros dos vestidos ou os 50 dos traxes de cabaleiro. Son Las Taradas (Lourdes Santos, Maite Rodríguez, Nuria Yribarren, Ana e Rosy López), xunto a José Luis Nevado, de North Sea, e as empresas La Cose Canta e Cuarto Ropero os que decidiron abrir esta tenda, que atende en horario comercial pola mañá e pola tarde. Eles tamén son os responsables de organizar a exposición Los indianos se visten de cine, que está aberta na antiga oficina de turismo ata o 29 de maio. Na mostra pódense ver traxes que foron empregados na rodaxe de diversas secuencias de Belle Époque, La Bella Otero, Memorias del agua ou Doctor Zhivago.