Burela, 19 de agosto de 2016. A escritora Luisa Castro será a pregoeira da Feira do Libro, que se celebrará en Burela dentro duns días, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz. O pregón será o 27 de agosto ás 12.30 horas. Luisa Castro estará acompañada polo alcalde, Alfredo Llano, e polo edil José Díaz.
Unha das novidades da Feira do Libro de Burela é “a creación dunha comisión de voluntarios para facer que esta segunda edición sexa aínda máis importante do que xa o foi a primeira”, dixo José Díaz. O edil socialista contou que “estamos a ultimar todos os detalles do evento, que daremos a coñecer a vindeira semana”. A comisión de voluntarios está formada por Julia, Maca, Estela, Matías e Lorenzo.