O izado da pancarta contra a violencia de xénero, que estará colgada na fachada da Casa do Concello durante toda a semana, tiña lugar este luns en Burela. A actividade enmárcase dentro dos actos para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia de xénero. O eslogan deste ano é “Desmárcate!! Deixa a violencia fóra de xogo”, que foi o lema gañador do concurso convocado polo Concello de Burela o ano pasado para celebrar esta data. No izado estiveron presentes o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Igualdade, Patricia Otero, así coma outros edís e representantes das distintas asociacións do municipio.
Izado da pancarta contra a violencia de xénero en Burela
Izado da pancarta contra a violencia de xénero en Burela
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación