23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este venres pecha o prazo para anotarse no bautismo de mergullo que terá lugar este sábado na piscina olímpica de San Cibrao

16-03-17

Cervo 16-3-17- O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de San Cibrao. A actividade terá lugar este sábado, 18 de marzo, en horario de mañá en tres quendas: 10.30h-11.30h, 11.30h-12.30h e 12.30h-13.30h. O prazo para anotarse pecha este venres, ás 12 do mediodía.
A inscrición está aberta a tódalas persoas maiores de 16 anos, que non teñan ningunha contraindicación médica. Hai un máximo de 30 prazas. Os interesados poden anotarse na propia piscina chamando ao teléfono 609.42.32.10 ou enviando un correo electrónico a info@buceocostalugo.es.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive