23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CxG solicita ó Concello de Cervo que converta a estación do tren de San Ciprián nunha casa da xuventude.

19-04-17

Cervo 19-4-17. O representante de Compromiso por Galicia en Cervo, José Luis Moñita, vén de presentar unha petición no concello, na que insta ao goberno municipal a pedir a ADIF o traspaso da titularidade da estación do tren de San Ciprián en desuso na actualidade e en estado de total abandono, Segundo Moñita “este estado do edificio constitúe un risco para os usuarios e mostra unha imaxe da vila moi mala”.

“ O que pedimos dende Compromiso é que se poñan en marcha os mecanismos necesarios para que o estado ceda a titularidade da estación ó Concello de Cervo e que este arranxe a imaxe diste ben público”.

Para rematar sinalando que “ tamén propoñemos que unha vez que a estación sexa un ben do concello, o goberno a converta nunha casa de xuventude, que ben puidera ofertar unha zona de albergue, unha zona de xogos, unha zona de ensaios para bandas musicais e outros fins encamiñados a dar servizo a xente moza de Cervo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive