27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O “PISCINAZO“ QUE NON CESA

16-06-17

antonio-bouza-rodilO pasado tres de maio o PP de Viveiro solicitábamos un pleno extraordinario para intentar aclarar o despróposito no que se ten convertido o proceso de selección de persoal levado a cabo como consecuencia da municipalización da piscina.
Coma sempre a Sra. Alcaldesa limitouse a botar balóns fora e pouco aclarou, si cabe que so foran dúas as plazas reclamadas, cando en realidade foi algunha máis. Tampouco nos contestou quen se faría cargo das imdemnizacións que como consecuencia deste esperpéntico modo de realizar o proceso de selección haberá que abonar ós damnificados, sinalando que de momento ninguén tiña reclamado nada.
Dende o noso grupo deixamos ben claro varias cuestións, dende que as bases eran notablemente mellorables por ser pouco esixentes e que parecían estar feitas a medida, aportando datos que corroboraban esta información, asi como que as persoas afectadas reclamarían o que lles correspondese.
O certo é que despois de ver as noticias aparecidas nun medio de comunicación o pasado sábado 10 de xuño – A Mariña de el Progreso -, queda ben claro tal e como sinalábamos dende o noso grupo, que as persoas que optaron ó posto de xerente van a reclamar, como fariamos calquera de nosoutros si sufrísemos unha inxustiza deste calibre. A persoa que acadou o primeiro posto e agora se ten que ir, non so reclamará danos e perxuicios, senón que tamén reclamará o lucro cesante porque para ocupar ese posto tivo que deixar a súa empresa. O segundo clasificado, é que agora pasará a desempeñar o posto de xerente – unha vez que a sentencia do TSXGalicia considerase nulo o proceso de selección para esta plaza -, tamén lle reclamará ó Concello os salarios deixados de percibir polo tempo que lle correspondería ter ocupado o posto e non o fixo.
Non queda aquí o asunto de momento, xa que outra traballadora despedida como consecuencia da repuntuación que houbo que facer nas prazas de monitor deportivo, tamén ten demandado ó Concello por despido nulo e improcedente, co que xa podemos ir vendo o escenario que se vai dibuxando como consecuencia de todo este desaguisado.
Hai preguntas que parecen non ter resposta coma por exemplo, por que se solicitaba unha determinada titulación e logo se intentou ignorala á hora de realizar a selección?, ou si a Sra. Alcaldesa asumirá algunha responsabilidade?, ou si a Sra. Alcaldesa esixiralle algunha responsabilidade a quen corresponda por esta desfeita?, ou quen se vai a facer a cargo das imdemnizacións as que dará lugar este anómalo modo de actuar?.
Descoñecemos a resposta das primeiras, pero temos moi claro a resposta a última e lamentablemente serán os veciños de Viveiro os que terán que pagar as consecuencias desta deixadez e inoperancia na xestión que desgraciadamente se teñen convertido nun sinal de identidade da nosa Alcaldesa.

En Viveiro a 16 de xuño de 2017
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive