San Román de Vilaestrofe, 18 de Novembro de 2017. A partir das 13:15 horas está prevista a celebración dunha misa na honra ó patrón da parroquia; San Román, para logo, a partires das 14:30 horas, no pavillón de deportes da Comunidade de Montes celebrar un Xantar de Irmandade de todos os veciños que teñen un comuneir@ na unidade familiar.
Dito xantar será elaborado pola empresa Cesáreo Eijo S.L., o menú será o seguinte: entrantes (empanada, calamares, chipiróns), polbo á feira, xamón cocido, postre, café e bebidas. O custo de dito xantar é sufragado integramente pola Comunidade de Montes.
Unha vez rematado o prazo para apuntarse, máis de 100 persoas confirmaron a súa asistencia.
A Comunidade, celebraba 2 xornadas deste tipo o longo de todo o ano, que se viron suspendidas o ano pasado, dado que se tiñan sen percibir as anualidades correspondestes dos arrendamentos da mina de caolín que explota a empresa Area Minera del Atlánticos S.L., dende o ano 2013.
Co recente acordo firmado entre a Comunidade e empresa para efectuar os pagos e dado que a empresa está a cumprir co estipulado no acordo, a Comunidade decideu retomar todas aquelas iniciativas aparcadas, e que teñen o seu comezo con este xantar.
E o vindeiro día 2 de decembro, a Comunidade tamén entregará as cestas de nadal co que a Comunidade obsequia a cada comuneiro, outra medida que tamén se vira afectada polo recortes económicos ó que nos vimos obrigados.