20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta acometerá obras de reparación e mellora na área de descanso O Ranchito de Lourenzá

13-11-17

Lugo, 13 de novembro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda acometerá de xeito inminente as obras de reparación e mellora na área de descanso O Ranchito, emprazada no acceso á Lourenzá desde a estrada autonómica LU-122, ao carón do rego do Batán

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as obras consistirán no arranxo da balaustrada de madeira que protexe o perímetro naqueles puntos nos que presente deterioro, polo paso do tempo, así como na reposición da beirarrúa circundante que presentaba varios desniveis.

A área descanso do O Ranchito é un espazo moi empregado pola veciñanza da zona que pasea ao redor do leito fluvial e tamén por nenas e nenos, xa que logo un dos seus principais atractivos é que ten instalado un parque de xogos infantil. Ademais, polo seu emprazamento no acceso á localidade, serve de carta de presentación para moitos turistas e visitantes.

A obra que se pretende levar a cabo nas vindeiras semanas con cargo ao contrato de conservación da Axencia Galega de Infraestruturas, ademais de deixar en perfecto estado de revista e mantemento este espazo servirá para garantir a seguridade dos usuarios.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive